UN PROGRAMA PARA AXUDAR A EMPRENDER ÁS EMPRESAS DO TRIPLO BALANCE

envianos un mensaje

IMPULSA e DESPEGA
Arteixo

Actividade gratuita do Concello de Arteixo. Marzo - Xuño 2023

Un programa deseñado para aquelas persoas que están a pensar en emprender e queren facelo da man do desenvolvemento sostible ou teñen un negocio en marcha e queren facelo viable no triplo balance económico, social e ambiental.

Así foi

Tres eventos presenciais, dúas xornadas formativas e un encontro da pequena empresa. Xornadas intensivas no Centro Arteixo Innovación, onde traballamos, man a man, máis de 30 persoas.

Démoslle unha e mil voltas ás áreas estratéxicas nas que fundamentar a organización dun proxecto de emprendemento e coñecemos as ferramentas dixitais creadas para a súa xestión nas que se basea este programa.

As semanas posteriores volvemos xuntarnos, esta vez na rede, clases grupais en liña onde repasamos o aprendido e implementamos as ferramentas en cada un dos proxectos.

A maiores, seguimento e acompañamento de cada un dos proxectos, resolución de dúbidas e sesións de mentoring individual.

Todo isto de maneira gratuíta para as participantes. Grazas ao Concello de Arteixo por facelo posible.

Actividad gratuita del Ayuntamiento de Arteixo