UN PROGRAMA PARA AXUDAR A EMPRENDER ÁS EMPRESAS DO TRIPLO BALANCE

envianos un mensaje

IMPULSA e DESPEGA
A Coruña

Actividade gratuita do Concello de A Coruña. Outubro - Novembro 2022

Un programa deseñado para aquelas persoas que están a pensar en emprender e queren facelo da man do desenvolvemento sostible ou teñen un negocio en marcha e queren facelo viable no triplo balance económico, social e ambiental.

Así foi

Un programa en tres partes:  Evento presencial, os días 20 e 21 de outubro, dúas xornadas intensivas no Centro de Empresas ACCEDE Papagaio da Coruña, onde traballamos, man a man, máis de 40 persoas.

Démoslle unha e mil voltas ás áreas estratéxicas nas que fundamentar a organización dun proxecto de emprendemento e coñecemos as ferramentas dixitais creadas para a súa xestión nas que se basea este programa.

As catro semanas posteriores volvemos xuntarnos, esta vez na rede, clases grupais en liña onde repasamos o aprendido e implementamos as ferramentas en cada un dos proxectos.

E contando un mes desde o inicio, seguimento e acompañamento de cada un dos proxectos, resolución de dúbidas e sesións de mentorin individual.

Todo isto de maneira gratuíta para as participantes. Grazas ao Concello da Coruña por facelo posible.

Actividade gratuíta do Concello da Coruña